"Os Abrentes de Cerdedo".

sábado, septiembre 17, 2005




domingo, septiembre 11, 2005

-As Nosas Fontes


O grupo de gaitas tradicional “Os Abrentes de Cerdedo” utiliza un repertorio tradicional ó cen por cen, tanto pezas recollidas pola zona de Terra de Montes coma pezas de outros grupos coma “Os Gaiteiros de Soutelo”, “Os Terribles de Arousa”, “Os Campaneiros de Vilagarcía”... Este grupo o que fai é respetar a melodía das pezas, e, nalgúns casos, facerlle arranxos. Nestes últimos anos o grupo incorporou dous instrumentos máis, tocados por dous dos seus compoñentes, o acordeón e o clarinete.







-Os Primeiros Pasos.


O grupo de música tradicional "Os Abrentes de Cerdedo" naceu a partir dunha idea municipal. Fundouse no ano 1994. Isto dou lugar a unha asociación cultural, Os Arxinas, que comprendía grupo de baile, e o grupo tradicional de gaitas, Os Abrentes. Co paso do tempo desfíxose a asociación cultural Arxina quedando no seu lugar Os Abrentes, baixo a dirección de Manuel Campos Toimil (Fundador do grupo folk Tebra e gaiteiro no grupo de La Salle), xa que el era o que tiña máis experiencia dentro do folclore. Na percusión, o mestre foi Antonio coñecido como Valladares, xa falecido (Antigo membro dos Morenos de Lavadores). "Os Abrentes" autosubencionase grazas ás festas que realiza ó longo do ano. Actualmente o grupo non ten ningún mestre ó seu cargo e a zona de ensaio é debaixo dun cuberto, xa que non teñen local. Ainda así, isto non é barreira para que sigan co folclore da terra.

ToyotaChat Gratisalojamiento web gratisAnunciosAnuncios Tenerife