domingo, septiembre 11, 2005

-Os Primeiros Pasos.


O grupo de música tradicional "Os Abrentes de Cerdedo" naceu a partir dunha idea municipal. Fundouse no ano 1994. Isto dou lugar a unha asociación cultural, Os Arxinas, que comprendía grupo de baile, e o grupo tradicional de gaitas, Os Abrentes. Co paso do tempo desfíxose a asociación cultural Arxina quedando no seu lugar Os Abrentes, baixo a dirección de Manuel Campos Toimil (Fundador do grupo folk Tebra e gaiteiro no grupo de La Salle), xa que el era o que tiña máis experiencia dentro do folclore. Na percusión, o mestre foi Antonio coñecido como Valladares, xa falecido (Antigo membro dos Morenos de Lavadores). "Os Abrentes" autosubencionase grazas ás festas que realiza ó longo do ano. Actualmente o grupo non ten ningún mestre ó seu cargo e a zona de ensaio é debaixo dun cuberto, xa que non teñen local. Ainda así, isto non é barreira para que sigan co folclore da terra.

ToyotaChat Gratisalojamiento web gratisAnunciosAnuncios Tenerife